Serra do Suído

serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos daLamaFornelos de Montes e Covelo.



Intúense refuxios do paleolítico, e cóntase con presenza de mámoas do período megalítico. A serra do Suído tivo e ten unha grande importancia para os labregos que viven as súas beiras. Aínda hoxe se poden ver os chozos do Suído, que durante séculos foron usados polos poboadores de case tódalas parroquias do concello de Avión. Alá levaban o gando nos veráns, aos sitios que os labregos lles chaman sesteiros: unhas zonas case que reservadas para o gando de cada aldea.  Aínda hoxe existen o sesteiro da Abelenda, do Rodeiro, dos Boeixos, e de case que todos os pobos do arredor. Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do Espiñeiro, na parroquia da Amiudal cara á Hedreira. Existen tamén foxos de lobo.
No alto da serra, vindo de Beariz cara a Pontevedra, está a Portela da Cruz. Nela pódense atopar vestixios dun camiño moi antigo, chamado a Verea, que era unha vía de comunicación moi importante para toda a zona, xa que atravesa todo o Suído e chega ou chegaba cando menos a Graña, xa en Pontevedra. Suponse que foi parte dun camiño real que se enlazaba con outros que unían Castela e Euskadi, rematando na Coruña.




Nos os Biciclistas se nos permite o tempo realizaremos un roteiro o vindeiro dia 13 de maio. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario